Artem Amandi

A consulta

Artem Amandi é unha consulta onde Concepción Landeira atende e traballa as súas dúas especialidades profesionais: Psicoloxía e Sexoloxía, con titulación específica de esta rama.

En ambos casos, vai dirixido a persoas adultas en formato individual, parella e/ou familiar, sempre dunha maneira persoalizada. Cada caso, cada persoa, é diferente e polo tanto o abordaxe tamén ten que ser específico. A sala de espera é individual para manter a súa privacidade.

ampliar información

Área psicolóxica

Atención psicolóxica en consulta significa un espazo de reflexión e/ou análise de conflictos ou dificultades non resoltas, co obxectivo de mellorar o benestar emocional proporcionando orientación e recursos que faciliten o cambio e adaptación ás diferentes situacións vitais.



ampliar información

Área de parella

Os desencontros e os problemas de comunicación en parella tanto a nivel afectivo como emocional e sexual, é mellor resolvelos ou reconducirlos con axuda profesional porque a terapia de parella ofrece claves e estratéxicas que axudarán a entender, analizar e expresar sentimentos profundos, complexos e moitas veces non comunicados, logrando así mellorar a relación.

ampliar información

Área sexolóxica

A terapia e/ou asesoramento sexolóxico ofrecida por unha profesional con acreditación e titulación específica no campo da Sexoloxía resolve dificultades sexuais, aclara dúbidas e amplía o coñecemento erótico e a súa conexión cas nosas emocións.



ampliar información

Concepción Landeira Santos.

(Caracas, Venezuela, 1959)

Psicóloga - Sexóloga

ampliar información