Artem Amandi

A consulta

Artem Amandi é unha consulta donde Concepción Landeira atende e traballa as súas dúas especialidades profesionais: Psicoloxía y Sexoloxía, con titulación específica de esta rama.

En ambos casos, vai dirixido a persoas adultas en formato individual, parella e/ou familiar, sempre dunha maneira personalizada. Cada caso, cada persoa, é diferente e polo tanto o abordaxe tamén ten que ser específico. A sala de espera é individual para manter a súa privacidade.

Sexoloxía

Artem Amandi: O Arte de Amar. Amar é un Arte.

A sexualidade é unha fonte de benestar, unha forma íntima de relación e de coñecemento. Quizáis a forma máis íntima e persoal de expresar emocións que se pode dar entre as persoas. E que non debe quedar reducida únicamente á súa dimensión xenital, ésta é só unha pequena parte.

A pel, a sensibilidade e a imaxinación é un límite infinito. É unha relación pel a pel, na que entran en xogo moitas emocións, maravillosas e sensitivas, pero en algúns momentos da nosa vida se poden convertir para algunhas persoas nunha fonte de sufrimento. Cando esto pasa, podemos pensar que só nos sucede a nós, que somos raros, que ninguén máis pode sentir “eso tan estrano que eu sinto e que só me pasa a mín..”. Ademáis, non o falamos con ninguén porque, ó fin e ó cabo, a sexualidade, en xeral e as súas dificultades en particular, son e siguen sendo un tema aparte na vida das persoas e do que só se fala para presumir ou alardear do moito ou o ben que nos vai en cantidade, poucas veces de calidade. Escasamente ou case nunca falamos de sexualidade para compartir dúbidas, temores ou inseguridades ou incluso para debatir e aprender.

Entón, cando nos sentimos infelices, angustiados ou simplemente preocupados, dubitativos, ou ben, requerimos un asesoramento sexolóxico, é cando debemos acudir a un profesional da Sexoloxía: alguén con formación e acreditación específica no campo sexolóxico para que nos axude a resolver o noso problema, nos devolva a confianza en nós mesmos e nas posibilidades do noso corpo, podendo recuperar emocións eróticas perdidas ou non desfrutadas. Ou simplemente nos proporcione un asesoramento profesional.

En ambos casos, va dirixido a persoas adultas en formato individual, parella e/ou familiar, sempre dunha maneira persoalizada. Cada caso, cada persoa, é diferente e polo tanto o abordaxe tamén ten que ser específico. A sala de espera é individual para manter a súa privacidade.

Psicoloxía

En Artem Amandi, Concepción Landeira, como psicóloga tamén atende a persoas que nun momento da súa vida necesitan apoio, orientación ou atención psicolóxica para facilitarlle a comprensión e/ou análise dun problema ou conflicto emocional que non son capaces de solucionar ou non poden saír del mesmo a pesar de intentar diferentes estratexias.

Tamén se desexamos cambiar un estado emocional: angustia, ansiedade, etc., que nos causa sufrimento e nós mesmos non podemos modificar. Este sería o momento de buscar axuda profesional psicolóxica.